domingo, 19 de xaneiro de 2020

A modo de presentación...


Queridas e queridos visitantes,

Inauguramos este espazo coas ganas e ilusión de convertelo nun lugar de encontro e diálogo entre todas aquelas persoas que, dalgunha maneira, conviven ou conviviron coa dura realidade dun cancro hematolóxico. 
O noso obxectivo, como integrantes do equipo de ASOTRAME e editoras do blog, é apoiar aos pacientes, aos enfermos, aos que están pasando por un transplante, aos que xa o pasaron, ás familias e aos coidadores. É unir as nosas voces e facer visibles os nosos problemas, nun lugar no que poidamos falar libremente, a nivel persoal, das nosas experiencias e no que os lectores interesados poidan comentar as súas situacións, formular dúbidas ou deixarnos as súas propias propostas no apartado de “Comentarios”.
O noso equipo está conformado, fundamentalmente, por persoas transplantadas, pero tamén por coidadores e familiares. Por favor, sentídevos libres de participar e ampliar a nosa comunidade.

Ademais das entradas independentes que encontraredes sobre asuntos moi diversos, pensamos en organizar o espazo arredor dunha temática concreta, que se irá cambiando cada certo tempo. Pretendemos, así, ir tocando todos aqueles problemas ao noso xuízo máis destacados do noso periplo coa enfermidade, outorgando diferentes puntos de vista: desde o da doente ata a do coidador. Intentaremos contar, ademais, coa axuda dunha especialista que axude a resolver as dúbidas máis frecuentes e, á vez, poida responder as eventuais preguntas das e dos lectores.

Sen máis, agardamos de corazón que este proxecto axude a moitas persoas que están pasando por unha situación similar. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

UN CLUB MUY ESPECIAL

Cuando padeces una enfermedad oncohematológica entras a formar parte de un club. Da igual tu edad, tu ideología, tus creencias, tus vivenc...