Parece que estamos a ver
a luz ao final do túnel deste confinamento. A “nova normalidade” está preto
de chegar. Pero creo que sería bo unha cousa: que non esquezamos. Non nos
esquezamos da solidariedade cos que teñen poca saúde. Non nos esquezamos de
convertir a quen merece en heroes. Non nos esquezamos que calquera pode acabar
nunha UCI en calquera momento. Non nos esquezamos de cando o veciño do lado nos
axudou, ou de cando nós o axudamos. Non nos esquezamos do pracer que supón
entrar nun bar, ir a unha tenda ou mesmo facer a compra. Non nos esquezamos do
ben que senta ir a traballar (aínda que pareza mentira, si). Non nos esquezamos
do salón onde fixemos deporte ou onde se disfrutou dun vermú de domingo diante
dunha pantalla cos amigos. Non nos esquezamos de que todos somos iguais. E non
nos esquezamos que de case todo se sae.
Non nos esquezamos
tampouco de disfrutar da natureza. Non nos esquezamos de disfrutar dos amigos e
da familia. Non nos esquezamos de que non ten moito sentido estar todo o día
dun lado para outro sen pensar. Non nos esquezamos de ir a tomar a caña con ese
amigo que o necesita.
Hai xente que pensa que
cando isto remate de todo pasarán dous días ata que o esquezamos, eu penso que
non. Pero para que iso pase teremos que botar de vez en cando a vista atrás
e ver onde estabamos fai non tanto.
Por tanto, valoremos o
que temos, valoremos o día a día e valoremos tamén a quen nos rodea...
E sigámonos axudando e coidando.
Mario