xoves, 14 de maio de 2020

NON NOS ESQUEZAMOS


Parece que estamos a ver a luz ao final do túnel deste confinamento. A “nova normalidade” está preto de chegar. Pero creo que sería bo unha cousa: que non esquezamos. Non nos esquezamos da solidariedade cos que teñen poca saúde. Non nos esquezamos de convertir a quen merece en heroes. Non nos esquezamos que calquera pode acabar nunha UCI en calquera momento. Non nos esquezamos de cando o veciño do lado nos axudou, ou de cando nós o axudamos. Non nos esquezamos do pracer que supón entrar nun bar, ir a unha tenda ou mesmo facer a compra. Non nos esquezamos do ben que senta ir a traballar (aínda que pareza mentira, si). Non nos esquezamos do salón onde fixemos deporte ou onde se disfrutou dun vermú de domingo diante dunha pantalla cos amigos. Non nos esquezamos de que todos somos iguais. E non nos esquezamos que de case todo se sae

Non nos esquezamos tampouco de disfrutar da natureza. Non nos esquezamos de disfrutar dos amigos e da familia. Non nos esquezamos de que non ten moito sentido estar todo o día dun lado para outro sen pensar. Non nos esquezamos de ir a tomar a caña con ese amigo que o necesita.

Hai xente que pensa que cando isto remate de todo pasarán dous días ata que o esquezamos, eu penso que non. Pero para que iso pase teremos que botar de vez en cando a vista atrás e ver onde estabamos fai non tanto. 

Por tanto, valoremos o que temos, valoremos o día a día e valoremos tamén a quen nos rodea...
E sigámonos axudando e coidando.


Mario

Ningún comentario:

Publicar un comentario

UN CLUB MUY ESPECIAL

Cuando padeces una enfermedad oncohematológica entras a formar parte de un club. Da igual tu edad, tu ideología, tus creencias, tus vivenc...